Skip to main content
Axenda CaducadaGuitiriz

A ADC San Xoán organiza este sábado a I Festa do Fútbol Sala

Por 5 Xullo, 2022Xullo 9th, 2022Sin comentarios

A Asociación Deportiva e Cultural San Xoán de Guitiriz acollerá este sábado, 9 de xullo a I Festa do Fútbol Sala, unha iniciativa dirixida aos máis pequenos.

A sesión constará de tres áreas. Na primeira haberá un torneo de 3×3 organizado por idades que mantén aberta a inscrición con Christian (616 430 481). Tamén está previsto un torneo de futbolín, do que se ocupa Juan Carlos, no teléfono 649 043 738. Para ambos os dous torneos haberá premios para os mellores clasificados.

Ademais, para todos os asistentes haberá inchables con pinchos e música dos que poderán desfrutar nenos e acompañantes.

Esta festa terá lugar a partir das 16.30 horas no aparcadoiro ao carán da praza do Campo da Feira.