Skip to main content
Guitiriz

Parga acolle hoxe a XXVII Feira da Cantería, Callos e Artesanía

Por 17 Xullo, 2022Sin comentarios

A Charanga Os Trileiros, o Grupo de gaitas Municipal de Guitiriz e o Dúo Caramelo poñerán a nota musical a esta xornada.

O Concello de Guitiriz organiza hoxe, domingo, xunto coa Comunidade de Montes Veciñais Santo Estevo de Parga, a edición número vintesete da Feira de Cantería, Callos e Artesanía, que terá lugar na Carballeira de Parga.

A xornada dará comezo ás 08:15h coa chegada dos canteiros e a elección de pedras. Ás 08:30h levarase a cabo o lanzamento de Bombas e apertura do XXIV Certame de Cantería, para posteriormente, ás 10:00h, realizar a apertura da mostra de artesanía.

Ás 11:30h terá lugar a actuación da Charanga Os Trileiros e ás 12:30h será a quenda para o Grupo de gaitas Municipal de Guitiriz.

Xa cara as 12:30h dará comezo a venda dos callos na Carballeira e ás 14:00h realizarase o peche do certame de Cantería.

Desde as 16:00h ata as 19:00h haberá inchables gratuítos para as crianzas.

Ás 17:30h revelarase o fallo do Xurado e realizarase a correspondente entrega de premios do certame de cantería.

Ás 18:00h terá lugar o peche da mostra de artesanía e a continuación haberá un gran fin de festa coa actuación do Dúo Caramelo.