Skip to main content
Guitiriz

Guitiriz escolleu as tres mellores tallas da súa feira

Por 18 Xullo, 2022Xullo 19th, 2022Sin comentarios

A carballeira de Parga acolleu este domingo a XXVII edición da Feria de Cantería, Callos e Arrtesanía, que novamente levou á localidade chairega a un gran número de visitantes e 13 especialistas canteiros.

Celebrouse unha nova edición do concurso de canteiros no que venceu José Manuel Pérez Fontán que presentou o torso dunha muller embarazada. O segundo premio recaeu en Juan Vázquez, que presentou a talla dunha faciana. O terceiro lugar foi para David Iglesias Debén polo seu camaleón.

O concurso de canteiros foi o acto principal xa xornada, na que tamén os callos tiveron o seu lugar co reparto dunhas 500 racións que se consumiron quentes malia as altas temperaturas.

E para completar a festa, a artesanía e música completaron unha programación que se prolongou toda a xornada.