Skip to main content
Axenda CaducadaGuitiriz

Guitiriz arranca co seu programa de verán cultural

Por 21 Xullo, 2022Setembro 8th, 2022Sin comentarios

O Concello de Guitiriz programa para este verán unha variada programación de actividades socio-culturais e dous exposicións na Casa Habanera.

Desde o pasado 15 de xullo e ata o 8 de setembro, o municipio chairego acollerá un total de seis actividades destinadas todas elas a público familiar.

Paralelamente, a Casa Habanera acollera dúas exposicións. A primeira delas que está actualmente activa como é Colaxes de Clara Martín e que rematará o 29 de xullo, e a segunda será a Exposición de Virxes de Ana Sastre do 2 ao 17 de agosto.

A programación será a seguinte:

Laila, Aprendiz de MAga

Data: 26/07/2022.
Lugar: Praza do Campo da Feira.
Hora: 19:00 h. Destinado Público Familiar.

Un conto musical

Data: 04/08/2022.
Lugar: Casa Habanera.
Hora: 18:00 h. Destinado Público Familiar.

Apren-deime (obradoiro de maxia + actuación)

Data: 18/08/2022.
Lugar: Praza do Campo da Feira.
Hora: 19:00h. Destinado ó público familiar.

Espectáculo de maxia na rúa

Data: 31/08/2022.
Lugar: Praza do Campo da Feira.
Hora: 19:30 h.

Os contos da leiteira

Data: 08/09/2022.
Lugar: Casa Habanera.
Hora: 18:00 h. Destinado: público familiar.