A SD Guitiriz iniciou onte unhas xornadas de portas abertas que se prolongarán ata o 26 de agosto e que teñen como obxectivo incentivar á mocidade local a coñecer aos equipos e sumarse ás filas do club para a próxima tempada.
Estas xornadas están dirixidas á mocidade dende a categoría prebiberón, nados no 2019, ata xuvenil, do ano 2004.
Os interesados en participar poden inscribirse neste enlace, ou chamar ao teléfono 636171821 ou escribir ao correo sdguitiriz@yahoo.es.
A participación nas xornadas é gratuíta e na primeira os asistentes contaron coa presenza de Rubén Pardo e Álex Cabarcos, dous nomes coñecidos no fútbol galego.
Nas próximas datas, os pequenos contarán con novas visitas e distintas actividades.
