Skip to main content
Axenda CaducadaGuitiriz

Guitiriz acolle hoxe un espectáculo baseado na maxia

Por 26 Xullo, 2022Sin comentarios

Guitiriz acolle esta tarde unha nova actuación dentro da programación de verán organizada polo Concello. Trátase da obra Laia, aprendiz de maga, un espectáculo destinado ao público infantil da compañía Animar-T.

Este terá lugar ás 19.00 horas na praza do campo da Feira, qeu en caso de choiva trasladarase á Casa Habanera.

Trátase dunha obra que aporta unha visión optimista da vida e mestura teatro musical, maxia cómica, animación musical e a constante participación do público. A obra treta das relacións entre avós e netos, dende a visión de Laia, unha nena de 7 anos.