Skip to main content
Meira

Abre a piscina de Meira ata o 31 de agosto

Por 3 Xullo, 2022Sin comentarios

O Concello de Meira abriu as portas da piscina municipal, que estará operativa durante os meses de verán.

Os usuarios poderán gozar desta instalación, que cumprirá con todas a medidas fronte á covid-19, en horario de 12.00 a 20.00 horas.

Os interesados en adquirir bonos para varios baños terán que achegarse ata as dependencias municipais, en horario de 9.00 a 14.00 horas, mentres que na piscina poñeranse á venda as entradas para un día.