Skip to main content
Muras

Un obradoiro en Muras mostrará o uso das novas tecnoloxías aos maiores

Por 17 Xullo, 2022Xullo 19th, 2022Sin comentarios

A veciñanza de Muras poderá participar este luns nun obradoiro co título EnredandoTourR, organizado por Cruz Vermella co obxectivo de formar no uso das novas tecnoloxías.

Así, nesta xoranda buscan axudar a manexar mellor o móbil, o whatsapp, facer procuras en Internet e pedir cita para o médico, por exemplo, ademais de solventar dúbidas coas tecnoloxías.

O obradoiro desenvolverase en dúas localizacións. Enttre as 9.30 e as 11.30 horas estarán na praza da Galeguidade mentres que de 12.30 a 14.30 horas trasladaranse á parroquia do Viveiró.