Skip to main content
Axenda CaducadaMuras

Muras acolle unha nova xornada de observación do ceo para familias

Por 18 Xullo, 2022Xullo 24th, 2022Sin comentarios

O Concello de Muras acollerá esta fin de semana unha nova actividade vinculada á observación de ceos orientada nesta ocasión a familias.

A sesión, que se desenvolverá na noite do 23 ao 24 de xullo, leva por título Os incríbles ceos de Muras 2022, onde haberá observación de ceos e unha acampada para todos os que o desexen. Poderán participar nenos e adultos, pero os menores deberán estar ao cargo dos seus pais durante toda a actividade.

A formación terá lugar no Viveiró, no campig de caravanas, a partir das 20.00 horas co reparto do espazo para a acampada.

Ás 21.00 horas dará comezo a charla sobre a contemplación dos ceos impartida por Paulino Gasalla, á que seguirá unha cea, na que cada asistente deberá levar a comida e a bebida aínda que a organización encargarase de facilitar mesas e sillas.

Ás 22.30 horas terá lugar unha representación teatral a cargo de Tarabela Creativa co título Teaser Astrolabios para rematar á medianoite coa actividade de fotografía e observación con telescopios, que finalizará ás 0.30 horas.

Á mañá seguinte servirase un almorzo por xentileza da organización para todos aqueles que pasen a noite de acampada.

A inscrición está aberta e pode realizarse no Concello de Muras.