Skip to main content
Muras

O Trail das Bestas volveu estar concurrido e moi disputado

Por 18 Xullo, 2022Sin comentarios

A calor marcou o desenvolvemento da quinta edición do Trail das Bestas, que se celebrou este domingo en Muras ao abrigo da Serra do Xistral con tres carreiras diferentes con distancias de maratón, 27 quilómetros e 14, ademais da andaina non competitiva que tivo lugar.

A categoría maratón, que durou cinco horas, 1 minuto e 34 segundos, foi liderada por Bruno Deltoro Sabater. 11 minutos despois chegou José Luis Candal Gilda e pechou o podio masculino David Álvarez.

Na feminina, os ouro foi para Paula Cobelo (6h, 22′), seguida de Tamara López e Zulima Carrión.

En veteranos os premios foron para Fernando Cancelo (ouro), Jesús Arca e Pabalo Ríos.

A proba de 27 quilómetros de distancia estivo ao cargo de Iván Redondo, Juan Rey e Carlos Manuel Pernas en homes así como Esther Hérnández, Tania García e Sonia Méndez en mulleres. Os veteranos estiveron dominados por Manuel Meizoso, Plácido Pardo e Enrique Mora.

A proba máis curta foi a máis concurrida e nela destacou Fabrián Casabella, que gañou na categoría masculina, seguido de Francisco Tosar e Rafa Villar. En féminas a vitoria foi para Silvia Miragaya, Verónica Rodríguez e Mónica López, mentres que en veteranos as medallos repartíronse entre Rafa Villar, Moisés Romo e David Guerreiro. Tamén houbo categoría feminina de veteranos con vitoria de Vanesa Sánchez, seguida de María Isabel Camino e Clara Martínez.