Skip to main content
Muras

Malestar pola colocación dunha bandeira independentista na Casa Rouco de Muras

Por 21 Xullo, 2022Sin comentarios

A voceira do Grupo Municipal do PP de Muras e presidenta local da formación, Eugenia Requeijo, denuncia a colocación dunha bandeira independentista na casa de Rouco, un edificio de titularidade pública no que só se poden poñer bandeiras oficiais.

A popular aclara que “é un acto ilegal e non podemos permitir que nun edificio público pasen estas cousas”. Ante este problema Eugenia subliña a necesidade de que o alcalde se manteña neutral, pois “representa a todos os veciños e veciñas e non só ao seu partido político”.

O Grupo Muncipal Popular rexistrou onte un escrito no que se solicita ao alcalde de Muras que abandone estas prácticas ilegais en calquera edificio de uso público. Ademáis pediuse ao goberno local que tome as medidas para que isto non se volva a repetir dadas as numerosas quiexas dos veciños e veciñas do municipio.

Normativa 

Según a lei 39/1981, artigo 4,  do 28 de octubre, publicada no Boletín Oficial do Estado, no que se regula o uso da bandeira de España, o de outras bandeiras e enseñas, é ilegal a colocación de bandeiras non oficiais en Concellos, Deputacións ou calquera outras corporaciones públicas. Incluso nas Comunidades Autónomas onde se recoñeza unha bandera propia, ésta se utilizará conxuntamente coa bandeira de España en todos os ediificios públicos civiles.

CONCELLO

Pola súa banda, dende o Concello aseguran que o local está cedido á ONG Ecos do Sur, que foi a que colocou a bandeira. Este colectivo axuda a inmigrantes baixo o programa Habita rural, para dotar de fogar a persoas estraixeiras sen recursos e a casa de Rouco funciona como espazo habitacional.

O alcalde da localidade afirma que “se quitamos a bandeira atentamos contra a liberdade de expresión da xente que vive alí”.