Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

O PSOE de Outeiro pedirá en Pleno á Xunta axudas ao sector agrogandeiro

Por 7 Xullo, 2022Sin comentarios

A voceira do PSdeG de Outeiro de Rei, Carmen Acacio, defenderá unha iniciativa, na vindeira sesión plenaria deste venres, para reclamar á Xunta que poña en marcha canto antes unha liña de axudas directas ó sector agrario, complementaria e da mesma cantidade que o dedicado polo Estado ós produtores de Galicia e destinado ós subsectores gandeiros de carne (vacún, ovino, cabrún, avícola e cunícola).

A voceira socialista lembrou o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez co sector primario da nosa provincia. “Xa que ven de pagar a 2.835 explotacións de leite da provincia axudas por un importe total de 25.115.414 millóns de euros para paliar os efectos do conflito de Ucraína neste sector. O importe percibido polas explotacións lucenses representa máis do 45% dos 55,3M€ que o Estado destinou ao conxunto de Galicia”.

Concretamente as axudas para explotacións da Comarca da Lugo ascenderon a un montante total de 5.335.949 euros, e para o Concello de Outeiro de Rei supuxeron un investimento de 353.004 euros. ”Polo tanto estamos diante dun goberno progresista e socialista que defende os intereses dos nosos agricultores con propostas e medidas que responden as súas demandas nunha situación moi complexa”, advertiu.

Sinalou ademais que “estes ingresos de máis de 353.000 euros para os gandeiros e gandeiras da nosa vila, sen dúbida, van ter un retorno para o conxunto de concello ao contribuír a mobilizar a economía local da nosa vila”.

“A día de hoxe, pode dicirse que a Xunta aínda non ten achegado nin un só euro en axudas ó sector, mentres o Goberno de Pedro Sánchez duplicou a solicitude de fondos que lle pedira o expresidente Feijóo para Galicia, e o pasado 30 de maio, 6.434 gandeiros e gandeiras galegos percibiron xa 55 millóns de euros das axudas ó sector leiteiro”, remarcou a voceira socialista.