Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

O PSOE de Outeiro lamenta que o alcalde non vote a favor de pedir á Xunta axudas aos gandeiros

Por 12 Xullo, 2022Sin comentarios

A voceira do PSdeG de Outeiro de Rei, Carmen Acacio, lamentou este luns a falta de compromiso que demostrou o Partido Popular cos gandeiros e gandeiras da vila despois de negarse no Pleno do mes de xullo a pedirlle á Xunta unha liña de axudas directas ó sector agrario, complementaria e da mesma cantidade que o dedicado polo Estado ós produtores de Galicia e destinado gandeiros de carne (vacún, ovino, cabrún, avícola e cunícola).

A voceira socialista lembrou que o alcalde, José Pardo Lombao, votou hai menos de 15 días a favor dunha proposta similar na Deputación, que saíu adiante por unanimidade, e agora no Pleno municipal votou en contra. “Por iso non entendemos este cambio de postura do PP”.

“Dende aquí pedímoslle ó alcalde que percorra a nosa vila, e lles explique ós nosos gandeiros e gandeiras porque non quere reclamar ó Goberno da Xunta un investimento similar ó que xa fixo o Goberno de Pedro Sánchez no concello de Outeiro de Rei”, recalcou Carmen Acacio.

A socialista subliña que as explotacións do concello de Outeiro de Rei percibiron un investimento de 353.004 euros do Goberno de Pedro Sánchez, e no conxunto da Comarca de Lugo o investimento ascendeu a 5.335.949 euros. “Queremos que os nosos gandeiros e as nosas explotacións leiteiras poidan acceder a estas mesmas axudas, pero co compromiso do Goberno da Xunta e do PP. Pero queda constatado que ó noso Alcalde e ó PP non lles interesa nin o mais mínimo a viabilidade e o futuro das nosas explotacións leiteiras”, afirmou.