Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

Recollen doazóns de sangue nas Pontes esta semana

Por 3 Xullo, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes e mércores, 5 e 6 de xullo, no Concello das Pontes, para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 16.30 e as 21.00 horas na praza do Carmen.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou sen su caso tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.