Skip to main content
As Pontes

A escola infantil A Barosa fai a súa gradación

Por 1 Xullo, 2022Sin comentarios

53 alumnos e alumnas do primeiro ciclo de Educación Infantil da Escola Municipal A Barosa celebraron onte a súa gradación , acto ó que asistiron preto de 400 familiares e co que se despediron desta primeira etapa formativa.

Foi un acto moi emotivo que contou coa participación de todo o persoal da escola e no que tamén estiveron presentes o alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, a concelleira de Igualdade, Tania Pardo, a concelleira de Turismo, Elena López e a concelleira de Medios Locais, Lorena Tenreiro, encargados de entregarlles os diplomas ao alumando recén graduado e que comezará, o vindeiro curso, o segundo ciclo de Educación Infantil.

O alcalde das Pontes durante o acto de gradación agradeceu a todo o equipo directivo e persoal traballador da Escola Municipal A Barosa a súa profesionalidade e compromiso coa educación e o benestar da poboación pontesa máis nova.

“Trátase dun servizo esencial de conciliación e de atención socioeducativa no que prima a calidade na atención aos nenos e as nenas grazas ao traballo diario e comprometido que, realiza todo o persoal da Barosa para cimentar unha educación en valores, dun xeito ameno, divertido e pedagóxico, sempre en estreita colaboración coas familias e o Concello para, entre todos, facer escola” subliñou González Formoso.