Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

As Pontes acolle dende o xoves unha mostra sobre o filme O Bosque Animado

Por 5 Xullo, 2022Xullo 14th, 2022Sin comentarios

Con motivo do seu 20 aniversario, o día 7 de xullo, chega ás Pontes a exposición XX anos de O Bosque Animado.

Esta mostra, que inclúe materiais orixinais, así como os premios Goya que gañou, conta con paneis informativos que describen como foi o proceso de creación desta película de animación que se convertía en todo un referente en innovación e utilización de técnicas de elementos 3D rompendo coa estética e narrativa dominante naquel momento por parte de Disney e Píxar, contando cun deseño e factura propios e diferentes.

O transfondo da obra, do mesmo título do autor Wenceslao Fernández Florez, é unha novela imprescindible na literatura universal que está ambientada na Fraga de Cecebre (Cambre), pero que tal como indica ou director da peza audiovisual, Manolo Gómez, a película está máis inspirada nas Fragas do Eume.

Toda unha oportunidade de achegarse a esta primeira película de animación europea en 3D producida pola produtora coruñesa Dygra Films e en que a que tamén se poderá gozar da súa proxección o mesmo día da inauguración da exposición.

A mostra permanecerá aberta ata o día 14 de xullo e para a súa inauguración proxectarase na Casa do Peso a popular película coa presenza do seu director, Manolo Gómez.