Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

Concentración das Pontes en defensa do transporte público

Por 19 Xullo, 2022Xullo 20th, 2022Sin comentarios

O Concello das Pontes, xunto a outros concellos da comarca, convoca unha concentración simultánea en defensa do transporte público, para o próximo mércores, 20 de xullo, diante do edificio consistorial. A lectura do manifesto realizarase a partir das 20:30.

A concentración celebrarase de xeito simultáneo fronte aos edificios consistoriais dos distintos municipios convocantes. Ademais das Pontes impulsan a iniciativa os concellos da Capela, Pontedeume, Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Monfero, Narón e Neda.

Esta concentración dá continuidade ao esforzo do Concello das Pontes que, xunto a outros municipios, promoveu distintas iniciativas para reclamar á Xunta melloras no servizo de transporte.

Entre as queixas dos usuarios/as, inclúense o incumprimento e supresión de rutas e frecuencias, os cambios de horario ou a carencia de reforzos nas paradas con maior demanda, entre outras.