Skip to main content
Axenda CaducadaRiotortoRiotorto AMARIÑAXA

O Concello de Riotorto pide colaboración veciñal para a Festa Celta

Por 11 Xullo, 2022Agosto 6th, 2022Sin comentarios

O Concello de Riotorto celebrará a súa tradicional Festa Celta o vindeiro 6 de agosto no lugar da Croa. Para elo o Goberno local vén de solicitar que para a súa celebración é necesaria a colaboración veciñal.

Para iso piden persoas dispostas a facer comida variada como empanadas caseiras, bolos preñados, tortillas, etc. E persoas para os stands de venda de tickets, bebidas, camisetas, etc.

Aquelas persoas que estean interesadas deberán comunicalo ao Concello antes do día 15 de xullo. Poderán tamén comunicar a súa disposición para colaborar por whatsap aos teléfonos 982 346 222 ou 680461 131.

Posteriormente, coa xente que colabore organizarase unha reunión para aclarar diversos temas.

FESTA CELTA

Esta celebración terá lugar a partir das 21.30 horas con diferentes actuación a cargo dos Gaiteiros de Riotorto, Rivendell Folk de Valladolid, Carapaus de Santiago de Compostela e Leirabuxo de Boimorto.

Ademais haberá servizo de comida a partir das 14.30 horas para os que queiran desfrutar da festa xa dende a mañá, así como, animación durante toda a tarde para que os asistentes desfruten.

Como todos os anos, o Concello agradecerá a colaboración veciñal para a súa realización. Gracias a está colaboración a festa será todo un éxito como todos os anos. Para máis información deberán achegarse as oficinas do Concello.