Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

Riotorto contará con campamento de verán en agosto

Por 15 Xullo, 2022Sin comentarios

O Concello de Riotorto organiza de novo este ano un campamento de verán para rapaces. Esta actividade inclúe obradoiros, excursións, xincanas, búsqueda do tesouro e máis sorpresas.

Será entre os días 1 e 6 de agosto en horario de 10 a 14 horas e está dirixido a nenos de 3 a 14 anos. As inscricións poden facerse na Casa do Concello antes do venres 29 de xullo ata completar as 30 plazas dispoñibles. O prezo por neno empadroado no Concello é de 30 euros e de 50 euros para os non empadroados.