Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

O SLG celebra en Vilalba un curso de elaboración de queixos

Por 5 Xullo, 2022Xullo 22nd, 2022Sin comentarios

O Sindicato Labrego Galego mantén aberta a inscrición para unha nova convocatoria do Curso de Elaboración de Queixos e outros Produtos Lácteos, impartido polo mestre e afinador queixeiro José Luís Martín.

Desta volta a formación terá lugar en Vilalba, na Escola Habanera de Santaballa, os días 18 ao 22 de xullo, en horario de mañá (10h. a 14h.) ou tarde (16h. a 20h.).

Poden acceder a esta formación persoas laboralmente activas: empregadas, autónomas e demandantes de emprego. Excluído o persoal das administracións públicas.