Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

O BNG informa en Vilalba sobre a alza dos prezos

Por 5 Xullo, 2022Xullo 7th, 2022Sin comentarios

O Bloque Nacionalsita Galego organiza un acto público en Vilalba co deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, dentro da campaña Contra a suba de prezos, fagámonos valer! Ao que tamén participará a responsábel local do BNG en Vilalba, Mónica García.

O acto terá lugar este xoves, 07 de xullo, ás 20 horas no Restaurante Terra Chá.

A responsábel local do BNG, Mónica García sinalou que “o empobrecemento continuado que están a sofrer as clases populares é insoportábel, hai que aplicar medidas efectivas xa” ao que subliñou “no BNG apostamos por aplicar unha fiscalidade máis xusta, incrementar as pensións e os salarios máis baixos, intervir no sector eléctrico ou baixar o IVE dalgúns bens e servizos básicos”

Deste xeito, Mónica García animou a participar neste acto público “convidamos á veciñanza a que veña a opinar e escoitar as propostas e medidas que o BNG está a defender en Madrid da man do noso deputado no Congreso, Néstor Rego”