Skip to main content
Vilalba

Vilalba conta estes días cun tobogán xigante e prepara outras actividades infantís

Por 16 Xullo, 2022Sin comentarios

Dentro das actividades de verán organizadas polo Concello, estes días a praza da Constitución conta cun Tobogán Kamikace dirixido á poboación infantil que estará só ata o domingo con funcionamento en horario de mañá (11:30 a 14h) e tarde (16:30 a 20h).

O Kamikaze acuático conta cunhas dimensións de 11m de alto, 40m ao longo e 11m de ancho, un dos máis grandes de España. Non é só para nenas e nenos, tamén para adultos e o mínimo de altura para usalo son os 110 centímetro de altura e non deixa de ser unha boa forma de apagar a calor.

Ademais do toborón, o Concello ten previstas dúas festas acuáticas para os máis pequenos, os sábados 23 de xull e 20 de agosto ademais de que o 6 de agosto chegarán tamén á vila as Actividades Fluviais.