Skip to main content
Vilalba

O Concello de Vilalba anula varios contratos das obras viais por incumprimentos da empresa

Por 20 Xullo, 2022Xullo 21st, 2022Sin comentarios

O Concello de Vilalba viuse na obriga de resolver o contrato coa empresa Asfalgal Técnicas Viarias, encargada da renovación de varios viais nas parroquias da vila, polos incumprimentos na realización dos traballos.

En concreto, trátase das obras para o mantemento de varios camiños na parroquia de Alba e outras actuacións para a mellora dos accesos a núcleos de Corvelle, Goiriz, Román, Codesido, Carballido e A Costa. En total, un investimento de 230.000 euros nas pistas.

“Está pasando en numerosos concellos, a situación derivada da crise dos carburantes e dos materiais provoca incumprimentos graves, pero como concello non podemos permitilos, pedindo desculpas aos veciños polo retraso”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba.

De feito, a decisión do concello tómase para axilizar unha nova adxudicación, realizando desta forma as obras no menor prazo de tempo posible.

No seguimento das obras afectadas, o concello detectou diferentes incumprimentos con respecto á memoria do proxecto, polo que procedeu a resolver os contratos.