Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

Organizan este domingo en San Simón unha charla sobre a calidade do mel

Por 30 Xullo, 2022Xullo 31st, 2022Sin comentarios

A Escola da Pedregosa, na parroquia vilalbesa de San Simón, acolle este domingo, 31 de xullo, unha charla sobre a calidade do mel organizada pola Asociación de Apicultura Serra da Carba.

O contido da ponencia centrarase na normativa vixente así como nas análises dos diferentes parámetros como os físico-químicos, polínico e organoléptico.

A charla é aberta a toda a poboación e dará comezo ás 10.00 horas.