Skip to main content
Folgoso do CourelQuirogaUncategorized @gl

O afundimento da estrada que une O Courel e Quiroga, no punto de mira do PSdeG

Por 15 Xullo, 2022Sin comentarios

Pilar García Porto, secretaria de organización provincial do PSdeG, amosouse crítica coa actitude que tomou a Xunta e a conselleira de infraestruturas ante o corte en Pedrafita. Afirmando que ‘en vez de dedicar ós técnicos da Xunta a buscar alternativas coas que intentar boicotear e retrasar as medidas do Goberno do Estado no viaduto da A-6, o Goberno do PP debería dedicalos a traballar para dar solucións, canto antes, a problemas como o da estrada do Courel afundida’.

En palabras de García Porto, ‘A Xunta de Galicia segue sen actuar, nin con transparencia, nin con dilixencia, para resolver os problemas que ocasionou para os veciños e para actividade económica o afundimento da estrada autonómica LU-651, do Courel a Quiroga, hai xa preto de catro meses, dende o pasado 20 de marzo’.

A secretaria de Organización Provincial do PSdeG aseverou tamén que ‘a Xunta vai a remolque das demandas que fixo o Partido Socialista, xa que agora viuse obrigada a poñer fin ó illamento ó que ten sometidos ós veciños e veciñas do Courel, tralo anuncio feito pola Xunta esta mesma semana sobre as alternativas a este vial.

Hai que lembrar que a pasada fin de semana, o secretario xeral dos socialistas na provincia, José Tomé Roca, xunto a representantes institucionais e cargos orgánicos do partido, mantiveron un encontro na zona da estrada afectada para reclamar ó goberno do PP que abrise xa o desvío provisional e que se puxese a traballar na reconstrución da vía. Unha reclamación que levamos ó Parlamento de Galicia, incidiu Porto. Polo tanto a Xunta vai moi tarde, xa pasaron catro meses, e esperamos que, como tantas veces fai o Partido Popular na Xunta, isto non sexa un mero anuncio para tratar de salvar a cara. Esperamos que cumpra. Estaremos vixiantes, dixo.

Nesa liña, remarcou que a única realidade é que a día de hoxe o goberno do PP na Xunta segue sen explicar que estudos se fixeron e as causas do derrubo, segue sen informar das alternativas que manexa para reconstruír a estrada, ninguneando ós veciños, ós concellos e á Deputación. E dixo que tampouco informa dos prazos para a reconstrución da estrada, e por suposto, segue facendo, exactamente, o contrario do que lle demanda ó Ministerio de Transportes no caso do viaduto da A-6.

García Porto contrapuxo o traballo que se está realizando dende o Ministerio de Transportes en relación co corte na A-6. Dende o Goberno Central estase informando con total transparencia á cidadanía, ós sectores afectados e ás administracións, mentres a Xunta, a través da conselleira Ethel Vázquez, practica o escurantismo, replicou. Ademais sinalou que o Ministerio abrirá á alternativa provisional da A-6 nun prazo de menos de dous meses dende o colapso do viaduto, mentres que a Xunta tarda catro meses en abrir o desvío no caso do Courel, cando a complexidade do problema non ten nin punto de comparación.

Por último, García Porto criticou a actitude do Goberno da Xunta e da conselleira de infraestruturas diante desta problemática. En vez de dedicar ós técnicos da Xunta a buscar alternativas coas que intentar boicotear e retrasar as medidas do Goberno do Estado no viaducto da A-6, o Goberno do PP debería dedicalos a traballar para dar solucións, canto antes, a problemas como o da estrada do Courel afundida.

Emprazamos á Xunta para que deixe de centrar todos os seus esforzos, políticos e técnicos, en tratar de desgastar ó Goberno de España, que para iso xa ten ó seu embaixador alí, a Feijóo, e que os que se quedaron aquí se dediquen a gobernar e a dar solucións ós problemas da provincia de Lugo e de Galicia. Iso é para o que lles pagamos os galegos e as galegas, resumiu Porto.