Skip to main content
Folgoso do CourelUncategorized @gl

A Xunta decreta a situación 2 no incendio forestal de O Courel

Por 15 Xullo, 2022Xullo 18th, 2022Sin comentarios

A Consellería do Medio Rural vén de decretar como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo arestora no concello lugués de Folgoso do Courel, parroquia de Seceda. Esta situación operativa de emerxencia declárase pola proximidade do lume ao núcleo de Gamiz, na parroquia de Santalla, no concello limítrofe de Samos.

Este lume comezou á 1,40 h. desta madrugada e permanece activo. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie dunhas 30 hectáreas. Ata o momento mobilizáronse para controlalo 5 axentes, 7 brigadas, 3 motobombas. Tamén están de camiño os medios aéreos.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.