Skip to main content
Axenda LUGOXAO CorgoUncategorized @gl

O Corgo acolle o I Mercado de Oficios

Por 28 Xullo, 2022Xullo 29th, 2022Sin comentarios

O Concello do Corgo acolle o próximo 28 de agosto o I Mercado de Oficios que contará cunha mostra na que se poderá desfrutar de oficios como cestería, cerámica, marquetería en madeira ou repostería entre outros.

A xornada dará comezo as 11:00 coa apertura para continuar coa actuación do grupo A legua dereita do Corgo as 11:30. As 12:00 terá lugar o pregón que corre a cargo de Mario Outeiro Iglesias.

As 15:00 comeza a actuación da Charanga 555 a que seguirán as 16:00 uns sorteos. Para finalizar a tarde as 17:30 a actuación de Paco Nogueiras, Radio BuleBule.

O longo do día haberá unha exhibición de escultores con motoserra e outra de coches clásicos a cargo da Asociación lucense de coche clásicos.