Skip to main content
Alfoz

A parroquia de Carballido en Alfoz celebrará as súas patronais

Por 7 Agosto, 2022Agosto 30th, 2022Sin comentarios

Un ano máis celebrarase a festividade relixiosa na honra a San Roque na parroquia de Carballido, Concello de Alfoz, durante os días 16, 17 e 18 de agosto. Durante estes días de celebración os asistentes poderán participar nos actos relixiosos e gozar de diversas actuacións musicais con orquestras do momento.

Así, o martes 16 de agosto, comezan as festas de San Roque, a partir das 13.00 horas coa celebración da misa solemne e procesión. Ao finalizar, sesión vermú a cargo do grupo Pasión, que tamén será o encargado de amenizar a verbena da noite.

O mércores 17, ás 13.00 horas oficiarase a misa solemne en honra ao santo con procesión. O grupo Eureka será a encargada de poñer a nota musical na sesión vermú e na verbena da noite.

Durante a última xornada festiva, a do xoves 18, os asistentes poderán acudir a unha gran churrascada a partir das 21.00 horas. Ao finalizar, verbena fin de festas a cargo da orquestraKubo e a discoteca móbil de Eventec..