Skip to main content
Axenda CaducadaBarreiros

Os Macanudos poñen en marcha unha nova edición da Holi Wave de Barreiros

Por 8 Agosto, 2022Agosto 20th, 2022Sin comentarios

A.C. Os Macanudos, de Barreiros, coa colaboración de numerosos patrocinadores, pon en marcha unha nova edición da Holi Wave de Barreiros.

Esta proba, que será o 20 de agosto ás 18.00 horas, non está cronometrada e poderase ir correndo, andado, disfrazado, vestido de voda, como ti queiras, propón cubrir 4 quilómetros mentres unha choiva de cor irá tinguindo aos participantes con pos, para terminar, ao final da carreira, cun gran festival de música e cor para os participantes.

Para participar será necesario anotarse na páxina web con anterioridade e o mesmo día haberá un número limitado de inscricións presenciais. A ás 21.00 horas será a cea popular despois da carreira así como o concurso de Entroido de verán que contará con música de Eventec e entrega de premios.

O po Holi utilizado está formado de materias primas naturais, non é tóxico e é totalmente seguro e biodegradable. O seu único cometido é vestir Barreiros de todas as cores do arco iris e tinguir de xeito total aos participantes desta divertida carreira.