Skip to main content
Axenda CaducadaCervo

A casa da cultura de Cervo acollerá a mostra pictórica Luz da Balea

Por 4 Agosto, 2022Agosto 29th, 2022Sin comentarios

A casa da cultura acollerá a mostra pictórica Luz da Balea, da artista Blanca Dacal, e inaugurarase o vindeiro domingo 7 de agosto ás 13.00 horas.

Poderase visitar de luns a venres en horario de mañá, de 9.00 a 14.30 horas, pero fóra deste horario poderase concertar unha cita para visitala no teléfono 659 05 36 35. E ata o 29 de agosto.

En palabras de Blanca Dacal, “con Luz da Balea pretendo rescatar a presencia das baleas da memoria colectiva, así como o vínculo coa iluminación do faro noutros tempos, e surcar xunto a elas os océanos no sono do máis profundo da imaxinación”