Skip to main content
Axenda CaducadaViveiro

A XXXVIII Feira de Artesanía de Viveiro será do 12 e 21 de agosto

Por 6 Agosto, 2022Agosto 23rd, 2022Sin comentarios

A XXXVIII Feira de Artesanía do Concello de Viveiro, celebrarase nos xardíns Noriega Varela entre os días 12 e 21 de agosto.

Despois de dous anos de limitacións pola pandemia, a feira terá este ano 32 stands e a presenza de numerosos profesionais deste eido. 

Como novidade, este ano haberá ademais un stand efémero, no que algúns días haberá artesanos e outros obradoiros ou demostracións do oficio.

“Unha referencia no sector, unha feira que destaca pola calidade e a variedade da artesanía, polo que estou convencida de que será un éxito”, afirmou a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.