Skip to main content
Axenda CaducadaVegadeo

David Regueiro Trío e Alexandre Cavalier actuarán no auditorio de Vegadeo o venres

Por 11 Agosto, 2022Agosto 12th, 2022Sin comentarios

O venres 12 de agosto no Auditorio Félix Menéndez poderase desfrutar do concerto de David Regueiro Trío acompañados por Alexandre Cavaliere, un dos máis importantes violinistas de Jazz Manouche ou Jypsy Jazz.

A entrada é gratuíta e será ás 20.30 horas e o trío achega unha visión rigorosa e respectuosa coa tradición á vez que fresca e innovadora.

David Regueiro, con máis dunha decena de discos, con centos de actuacións por diferentes países e co aplauso unánime de prensa e público, consolidouse como un dos guitarristas de Gypsy Jazz máis prominentes da Península Ibérica.

En marzo de 2020, David Regueiro Trio presenta o seu novo traballo “Areal”, que contén 9 composicións orixinais.

Este álbum está enraizado na música de Django Reinhardt e o gypsy jazz como punto de partida, aínda que podemos atopar outras influencias como o mainstream jazz, o be-bop ou a música clásica.