Skip to main content
A PontenovaAxenda Caducada

A VI Edición da Festa da Malla da Pontenova será o día 27

Por 15 Agosto, 2022Agosto 27th, 2022Sin comentarios

A VI Edición da Festa da Malla, coa que colabora o Concello da Pontenova, terá lugar a carón do Pozo da Ola o sábado 27 de agosto.

Así as vellas tradicións e oficios non se perden grazas aos veciños e que comezarán a xornada, ao mediodía mallando o trigo, e despois haberá diversas actividades como música folclórica, xogos populares e comidas campestres, para despois continuar o traballo durante a tarde.

A sesión vermú estará amenizada polo Dúo Zafiro quen tamén porá a nota musical pola noite. O xantar, que terá un prezo de 20 euros para adultos e 12 para nenos, será a base de lacón, pasta, tenreira asada, sobremesa e café. Hai que recoller nas tendas e negocios colaboradores da cita o tícket co que ir ao xantar.

Cando remate a malla pola tarde, todos poderán desfrutar das canoas para nenos no Pozo da Ola, e tralos pinchos para cear de bolos preñados e lacón, a música pechará a xornada festiva.