Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAMar AMARIÑAXA

O PSdeG recolle sinaturas nas cofradías contra a prohibición da pesca de fondo

Por 20 Agosto, 2022Sin comentarios

Remarcou a decisión se tomou sen valorar o impacto económico e social, polo que os socialistas sempre estarán “do lado dos traballadores” e do sector pesqueiro galego.

O PSdeG iniciou unha recollida de sinaturas polas 63 cofradías galegas contra a prohibición da pesca de fondo da Comisión Europea en caladoiros de toda Europa, pero que afecta singularmente a Galicia. O secretario xeral dos socialistas, Valentín Formoso, puxo a primeira sinatura acompañado do Patrón Maior de Burela e presidente da Federación Nacional de Cofradías e de diferentes representantes dos municipios máis afectados na comarca da Mariña. 

Os socialistas comezaron en Burela a súa campaña de recollida de sinaturas contra a decisión da Comisión Europea que prohibirá a un gran número de pescadores galegos traballar nos caladoiros afectados. Tratarán de sumar tamén a outras comunidade afectadas como Asturias, Cantabria ou o País Vasco, e incluso a outros países como Portugal ou Francia. 

Valentín González Formoso, secretario xeral do PSdeG, remarcou que o seu partido “nin entende, nin comparte” o paso dado pola Comisión Europea, indicando que a decisión “carece de rigor científico” e non ten unha avaliación previa do impacto económico e social que terá. A maior preocupación do líder socialista son o gran número de familias que dependen da pesca de fondo e que “ven ameazado o seu futuro”.

Para Formoso non coincide a decisión da Comisión coa realidade dos caladoiros galegos, os cales recuperaron un 51% da biomasa nos últimos 15 anos. Por isto, entende que o sector pesqueiro galego xa estaba actuando con respecto ao medio ambiente e dunha sostible para o ecosistema mariño.

Declarou que a Comisión Europea está “de costas” ao sector e aos países, pero tamén para Formoso, o que é máis perigoso é que tamén actúa “de costas” ao rigor científico. Por estas razóns, a través da recollida de sinaturas iniciada polos socialistas fan un requirimento, “dende a humildade, pero con determinación”, ao máximo órgano europeo para que cambie a súa decisión, que para os socialistas pode acabar cunha parte moi importante da pesca galega e do norte de España.