Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAOurol

Nova edición do Gran Premio Ciclista San Roque – Ourol

Por 3 Agosto, 2022Sin comentarios

Volve un ano máis o Gran Premio Ciclista San Roque – Ourol categoría autonómica e que nesta ocasión chega a súa trixésimo oitava edición.

Esta proba deportiva celebrarase o vindeiro 13 de agosto a partir das 10.00 horas co ciclismo inclusivo e media hora máis tarde coas promesas, ás 11.00 serán os principiantes, ás 11.30 os alevíns e ás 12.00 os infantís. Xa despois do xantar, ás 15.30 horas serán as féminas e ás 17.00 os cadetes.

Os ciclistas deberán completar un trazado de 28,63 quilómetros, no que pedalearán a unha altitude máxima de 348 metros.

A saída e chegada desta proba será dende a praza do Concello de Ourol e haberá trofeos e ramo de flores ao vencedor de cada categoría, así como do 1º ao 5º clasificado de todas as categorías.