Skip to main content
Deportes AMARIÑAXALourenzá

Presentáronse os equipos do ED Lourenzá

Por 6 Agosto, 2022Sin comentarios

Presentouse o equipo de Primeira Autonómica do Lourenzá que volve estar capitaneado por Roberto Ramallal por segundo ano consecutivo.

Nesta presentación participaron a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, o presidente do clube Pablo Maseda e parte do resto da directiva.

O equipo contará tamén con Michael Sante como segundo adestrador no que tratará de seguir consolidando ao equipo na categoría por terceiro ano consecutivo, e e Emérito Cabaleiro como adestrador de porteiros.

Os xogadores renovados son Clemente Guizán, Adrián Cabaleiro ‘Bugui’, Álex Carreiras, Javi Arruñada, José Antonio ‘Falcón’, Miguel Hermida, Álex ‘Ferranes’, Jorge ‘Losvi’, David ‘Garrafín’, José Ángel ‘Pichi’; Julián Iglesias, Yago Cruña, Diego ‘Acebo’, Luís Santamarina”, Iván Recalde, Noé Recalde, Álvaro Lorigados e Paulo González.

Os novos xogadores son Pablo Castañeda como porteiro e que procede de Mondoñedo; para a defensa incorpóranse Edu Reigosa que vén do Viveiro Liga Galega; Imad Itrih que sube do xuvenil; Xoel Otero do Mondoñedo, Aarón García do Xove Lago e Raúl López do Ribadeo Liga Galega. Para o medio campo chegan David Veiga do xuvenil; Miguel Casanova do Alfoz; Óscar Paz do xuvenil e Roberto Carreiras do Foz.

XUVENIL

Tamén foi presentado o equipo xuvenil no que Michael Sante e Luís Santamarina toman o relevo de Martín e Chicho no banquillo, que estiveron o curso pasado é “aos cales lles agradecemenos o seu traballo”, dixeron.

Aínda que falta algún reforozo por confirmar, os xogadores renovados son os porteiros Dani e Fer, o lateral Huertas, o central Yago, o central David Rivas, o interior Diego ‘Tucho¡, o lateral Raúl Santor, o interior Lucas Varela, os mediocentros Ayoub e Álex, o dianteiro Héctor, o lateral Marwane e o lateral Ian.

Os novos xogadores son Joel e Bruno López para o lateral, Raúl López e Julián no mediocentro, Edu Reigosa como central e Noel no interior.