Skip to main content
Axenda CaducadaBurela

Volven os torneos de fútbol 3×3 de Burela

Por 11 Agosto, 2022Agosto 17th, 2022Sin comentarios

A Delegación de Deportes do Concello de Burela anunciou eque se recuperan os torneos de fútbol 3×3 despois de dous anos nos que non se realizaron por mor da pandemia da Covid-19. Volverán a disputarse os partidos o martes 16 e mércores 17 de agosto, na Praza da Mariña a partir das oito da tarde.

Haberá catro categorías (sub-10, sub-12, sub-14 e sub-16) e as inscricións deberanse realizar na Casa da Xuventude, en horario de 9 a 13 horas, ou ben chamando ao número de teléfono 982 581 141.

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, presentou estes torneos de fútbol 3×3 xunto co alcalde e técnico de deportes, animando “a todos os interesados en participar de novo nunha iniciativa que puxemos en marcha hai sete anos e que agora recuperamos polo éxito das últimas edicións”, explicou o edil, engadindo que “son formatos de competición que motivan aos máis mozos e nos que se transmiten valores de deportividade e compañeirismo, o fin último de organizar este tipo de campionatos”.

Estes torneos de fútbol súmanse á oferta deportiva que o concello puxo en marcha para este verán co obxectivo de dinamizar o pobo con actividades variadas e para distintos públicos e fomentar o deporte entre a mocidade.