Skip to main content
Deportes AMARIÑAXALourenzá

O corredor laurentino, Siro Maseda, participou na Ultra Trail de Mont Blanc

Por 24 Agosto, 2022Sin comentarios

O corredor laurentino, Siro Maseda, participou na UTMB ou Ultra Trail de Mont Blanc, unha ultramaratón de montaña que ten lugar anualmente nos Alpes, atravesando Francia, Italia e Suíza, e que conta cunha distancia dun 171 km.

O punto de partida foi Courmayeur o martes 23 de agosto, unha das localidades máis turísticas dos Alpes franceses, e a chegada en Chamonixo mércores 24 ás 12.15 horas aproximandamente.

Maseda, membro da Escolas Deportivas de Lourenzá, fixo outra versión da UTMB chamada TDS, Sur les Traces des Ducs de Savoie, tras as pegadas dos Duques de Saboya de 145 km e un desnivel de +9.100 metros.

O laurentino logrou rematar a carreira en 36 horas, 14 minutos e 49 segundos, a unha velocidade media de 6 quilómetros por hora. Así, o laurentino rematou na posición global de 458, e o 407 na clasificación por sexo.

Os primeiros en cruzar a liña de meta foron Ludovic Pommeret nun tempo de 18:37:04, Joaquin Ignacio Lopez Iturrieta en 19:32:09 e Elias Kadi en 19:49:51.

Na categoría feminina o podio foi para Martina Valmassoi cun tempo de 22:42:47, o segundo posto foi para a española Claudia Tremps con 22:59:38 e o terceiro para Katharina Hartmuth con 23:22:18.

Nesta proba participaron un total de 1600 corredore sque son seleccionados por dossier e teñen un máximo de 44 horas para completar a carreira.

 

UTMB. O Ultra-Trail de Mont-Blanc (denominado tamén UTMB) é unha ultramaratón de montaña que ten lugar anualmente nos Alpes, atravesando Francia, Italia e Suíza. Cunha distancia dun 171 km e un desnivel positivo duns 10.000 metros, e está considerada a carreira a pé de trail running máis prestixiosa do mundo así como que é unha das carreiras máis numerosas, con ao redor de 2.500 participantes.

Mentres os mellores corredores completan o percorrido en pouco máis de 20 horas, a maioría dos corredores fano entre 30 e 46.

Desde o 2006, organízase unha segunda carreira, coa metade do percorrido CCC (Courmayeur, Champex, Chamonix) e otras máis como a TDS, Tras as pegadas dos Duques de Saboya, a PTL, La Petite Trotte à Léon e a MCC,  de Martigny Combe a Chamonix.