Skip to main content
AlfozAxenda Caducada

A parroquia das Oiras, de Alfoz, celebrará as festas patronais a vindeira fin de semana

Por 22 Agosto, 2022Agosto 27th, 2022Sin comentarios

A parroquia das Oiras, no Concello de Alfoz, celebrará as festas patronais na honra de San Mamede e da virxe do Carme. E este ano o Santo verase honrado con dous días de festa.

O venres 26 de agosto, celebrarase unha cea gratuíta ás 21.00 horas con empanada, chourizo e panceta, e estará amenizada polo Dúo Epo-K, Xilo e Carlos Manteiga.

O sábado 27 de agosto, celebrarase a Santa Misa en louvanza do patrón San Mamede, ás 13.30 horas. Acto seguido, procesión. Despois haberá sesión vermú a cargo do grupo tradicional Amado Lar e despois será a quenda do Trío Lembranza que repetirá á hora da verbena xunto coa disco móbil.