Skip to main content
Alfoz

O Concello de Alfoz aluga a vivenda rehabilitada no núcleo da Pinguela, en Lagoa

Por 18 Agosto, 2022Agosto 19th, 2022Sin comentarios

O Concello de Alfoz vén de informar que a rehabilitación da vivenda de titularidade municipal no núcleo da Pinguela xa está rematada, e que xa se publicaron as bases reguladoras  para a selección do arrendatario.

Este edificio foi no seu tempo antiga vivenda de mestres, sendo desafectado e considerado ben de carácter patrimonial por acordo de Pleno de 26 de marzo de 2010.

A vivenda dispón de dous dormitorios, un dobre e outro individual, salón-cociña, baño e lavadeiro, cunha superficie útil de 71,21m2. A ocupación da vivenda podería ser dun máximo de 3-4 membros consecuencia das estancias das que dispón.

Así, preténdese ceder, en réxime de alugamento o inmoble descrito, como vivenda habitual e permanente a unidade de convivencia
con escasos recursos económicos, entendendo como tales, aquelas con ingresos inferiores a 2,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (en diante, IPREM).

O contrato privado de aluguer se realizará pola duración inicial de un ano, contado dende a súa formalización, e poderá ser prorrogado por dous periodos máis de dous anos cada un , ata un máximo de 5 anualidades.

As persoas interesadas presentarán a súa solicitude en impreso normalizado ante o Concello de Alfoz xunto coa documentación necesaria. O prazo de solicitude será de un mes trala publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial de Lugo é dicir, o 12 de setembro.