Skip to main content
Alfoz

O Concello de Alfoz prepara unha reunión para informar dos programas para estudantes e familias

Por 17 Agosto, 2022Sin comentarios

O venres, 26 de agosto ás 19.30 horas no salón de actos da casa da cultura do Concello de Alfoz haberá, como todos os anos anteriores, unha reunión para informar dos servizos e programas municipais para estudantes e familias.

Estes programas son o de conciliación no CEIP Castro de Ouro que inclúe o de Madrugadores, inglés, OES (ocio e estudo); servizo de tramitación de becas do Ministerio de Educación; becas municipais de transporte para estudantes; escolas deportivas municipais; servizos da biblioteca, melloras e novidades; axendas coeducativas, etc….