Skip to main content
Cervo

Cervo súmase ao manifesto para a mellora da atención primaria

Por 1 Agosto, 2022Sin comentarios

O Concello de Cervo vén de adherirse ao manifesto impulsado por Galicia (gobernada polo PP) e o País Vasco (gobernado por PNV e PSOE) para a toma de medidas estatais urxentes en materia de atención primaria, que xa foi remitido ao Ministerio correspondente, e ao que se foron sumado autonomías de diferente signo político como, por exemplo, Cataluña (ERC e JuntsxCat).

Este escrito, tal e  como apuntou Villares “recolle un conxunto coherente de medidas de competencia estatal en materia de formación sanitaria especializada para implantar de forma urxente como plan de choque para paliar a situación crítica que atravesa a atención primaria no conxunto do Estado”; á que Cervo non é allea.

O manifesto recolle medidas urxentes de competencia do ministerio para tentar facer fronte ao problema máis acuciante do sistema sanitario que é a falta de médicos especialistas en Medicina de Familia e Comunitaria dispoñibles para contratación.

Tal e como precisou Villares, “as comunidades autónomas, que teñen a competencia en materia sanitaria, atópanse co problema da falta de médicos no sistema; aínda que queiran contratar; non poden, polo déficit de sanitarios que existe e que afecta a todos os servizos de saúde autonómicos” tal e como se recolle no manifesto que apunta literalmente a “unha situación crítica a nivel do Estado e que require, en consecuencia, de medidas de ámbito estatal que nos permitan superar conxuntamente esta situación”.  Ante esta perspectiva –engade o escrito- o Estado Español necesita adoptar medidas de choque de forma urxente; alertando de que “se non somos capaces de resolver esta situación, comprometemos a viabilidade da implantación de reformas a medio prazo, pois a sobrecarga asistencial, a fatiga crónica, a falta de tempo por consulta e a desmotivación consecuente que xera, impide impulsar calquera iniciativa do Plan de Acción”.

No pleno ordinario non prosperaron outras mocións que foron presentadas “porque entendemos que a raíz do problema está na falta de facultativos, e tal e como se afonda no manifesto apoiado por comunidades autónomas de todas as cores políticas, a solución está na man do Goberno central, que é o que debe sumar médicos ao sistema para que as comunidades poidan reforzar os seus servizos de saúde”.