Skip to main content
Cervo

Cervo acolle hoxe a XV Festa do Ovo Frito

Por 14 Agosto, 2022Sin comentarios

Hoxe 14 de agosto, en Cervo, e en medio das festas patronais, celébrase a XV Festa do Ovo Frito, na que se poderá degustar este prato na praza do Souto.

A Festa do Ovo Frito de Cervo está organizada pola Sociedad Deportiva de Cervo e terá lugar na tradicional praza do Souto a partir das 20.00 horas. Este ano repartirán 4.500 racións de 9.000 ovos, 4.500 chourizos e 1.200 quilos de patacas.

O organizadores lembran que cada prato vai con dous ovos fritos, un chourizo, patacas fritas caseiras, pan e bebida por tan só 6 euros. Despois de comer, a festa continúa como cada ano con animación musical a cargo de Mekanika Rolling Band e DJ Chente.

Deste xeito Cervo ríndese cada ano a sinxeleza do ovo frito e fai unha festa para ensalzar este prato que tanto gusta a adultos e pequenos.