Skip to main content
Cervo

O BNG de Cervo volve denunciar os verquidos de augas residuais sen depurar

Por 20 Agosto, 2022Sin comentarios

O BNG de Cervo volveu denunciar nas súas redes sociais que se seguen a producir verquidos ao mar de augas residuais sen depurar na zona da Atalaia en San Cibrao.

“Volvemos a denunciar que seguen a producirse verteduras ao mar e por iso reclamamos ao equipo de Goberno do Concello de Cervo, solucións de maneira urxente para parar de inmediato este dano medioambiental continuado”, din os nacionalistas cervenses.

“7 millóns de euros é o custe da rede de saneamento que despois de 7 anos segue a dar problemas provocando danos medioambientais graves e molestar na veciñanza”, engadiron na súa denuncia pública.

“Recordamos ao Concello de Cervo que o gasto público debe ser exemplo de eficiencia e non de especulación”, por iso dende o grupo político reclámanlle solucións aun problema “enquistado”.