Skip to main content
Foz

Nova edición do Comercio na Rúa de AciaFozCCA

Por 14 Agosto, 2022Sin comentarios

AciaFozCCa organiza unha nova edición do Comercio na Rúa do 18 ao 20 de agosto na que participarán 30 locais asociados, que ofrecerán aos seus clientes diversos descontos e ofertas especiais nos seus produtos.

As tendas participantes no Comercio na Rúa son: 5 Lobiños, Alain Afflelou Óptico, Arrullos, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Isla, La Flor Abulense – 2, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Longarela, Lourdes Moda Íntima, María Docampo, Mc Automotive, Mercería Vera, N1 Zapatillas, Ofifoz, Sensación Surf, Sueños, Unique – 2, Vas’s, Vas’s Outlet, Xanela Complementos e Xoguetería Bahía.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, sinala que “estamos diante da última oportunidade para facernos con aqueles artigos de tempada a prezos moi interesantes. As rebaixas de verán están a piques de rematar e os comercios de Foz sacan de novo á rúa os seus produtos durante tres días. Cada un ofrece as súas promocións e descontos especiais”.

Colaboran con esta nova edición do Comercio na Rúa de AciaFozCCA a Xunta de Galicia, o Concello de Foz e  Impulsa Foz.