Skip to main content
Lourenzá

Comezan os traballos da homenaxe a Del Riego polas Letras Galegas 2023

Por 21 Agosto, 2022Sin comentarios

Representantes de Política Lingüística xuntanronse estes días co colectivo Remedios Gallo co gallo da celebración das Letras Galegas do ano 2023, dedicadas ao laurentino Francisco Fernández del Riego. Esta primeira reunión serviu de toma de contacto co obxectivo de comezar a traballar nas actividades culturais que acollerá Vilanova de Lourenzá.

A xuntanza perfilou unha programación que “situará a esta vila mariñá, berce do intelectual homenaxeado, no mapa cultural de Galicia ao longo do vindeiro ano”, logo de que a Real Academia Galega acordase en sesión plenaria lembrar a figura deste autor lugués. Valentín García concretou que as accións previstas “buscarán o seu recoñecemento histórico e a divulgación do seu traballo a prol da lingua e da galeguidade”.

Tamén se constatou que a primeiros do mes de agosto constituiuse unha mesa común de traballo no Concello con diferentes colaboradores como son a asociación Patrimonio Laurentino, o propio Concello, anpas e outras asociacións e colectivos implicados no decido cultural e social da vila para poñer en común ideas e “traballar todos xuntos na homenaxe á figura de del Riego”, explicaron.

DEL RIEGO.

Fernández del Riego naceu en Lourenzá en 1913, estudou Dereito e Filosofía e Letras en Santiago e en Madrid; foi un dos artífices da Editorial Galaxia, revista Grial e Biblioteca Penzol, ademais de impulsor de moitas outras actividades culturais e membro da nova xeración de intelectuais galegos que deron continuidade ao ideario do Grupo Nós, e tamén foi nomeado membro da Real Academia Galega.

Ao longo da súa vida recibiu numerosos premios como a Medalla Castelao, Pedrón de Ouro e o título de Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo.