Skip to main content
MurasO VicedoOurol

Ourol, O Vicedo e Muras expuxeron as bases de selección do obradoiro dual de emprego Terras do Sor VI

Por 31 Agosto, 2022Sin comentarios

Os concellos de Ourol, O Vicedo e Muras expuseron as bases de selección tanto de alumnos participantes como do persoal docente do obradoiro dual de emprego Terras do Sor VI que comezará a funcionar nos próximos días.

Os postos convocados son un de director do obradoiro, dous monitores de carpintaría de madeira, un monitor sociosanitaria e un administrador a media xornada.

Ao Concello de Ourol correspóndenlle 6 alumnos, 3 de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e 3 de carpintaría de madeira. No caso do Vicedo correspóndenlle 10, 4 de atención sociosanitaria e 6 de carpintaría de madeira, e en Muras 4 de carpintería.

A selección de todos estos postos será no Concello de Muras o 7 de setembro ás 9.30 horas para alumnos módulo de carpintaría de madeira, o día 8 ás 9.30 horas para alumnos módulo de sociosanitaria, e o día 9 para ás 9.30 para director, ás 10.30 para monitor de atención sociosanitaria e ás 12.30 horas para monitor de carpintaría de madeira.

Para máis información haberá que achegarse aos diferentes concellos a través do Axente de Emprego. As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello.