Skip to main content
Ribadeo

Convocan unha concentración diante do centro de saúde de Ribadeo

Por 3 Agosto, 2022Agosto 4th, 2022Sin comentarios

O BNG convoca unha concentración diante do centro de saúde de Ribadeo o vindeiro xoves 4 de agosto ás 12.00 horas co fin de dar repercusión á grave situación que está atravesando a atención primaria e a sanidade pública na Mariña.

“Existen moitos problemas en centros de saúde da comarca como o caso do PAC de Ribadeo nesta pasada fin de semana”, din dende o grupo nacionalista, ” e fai constar a inoperancia da Consellería de Sanidade e do Partido Popular”.