Skip to main content
Ribadeo

O piragüista ribadense, Nicolás Gayol, acadou o 9º en K2 no Campionato de Europa Junior

Por 16 Agosto, 2022Sin comentarios

O piragüista ribadense ,Nicolás Gayol Santamarina, acadou o 9º posto en K2 500 metros no Campionato de Europa Junior coa selección española. A cita tivo lugar en Serbia.

O secretario do Club Altruán, José Ángel Fernández, subliñou o esforzo realizado por Nicolás Gayol: “agradecerche o esforzo que hai detrás de todo isto. Voume centrar no teu esforzo persoal, que durante todos estes anos estiveches levando, déuseche o material, os adestradores, o que puidemos nas nosas mans ofrecerche, pero indudablemente sen a túa dedicación e pundonor non terías conseguido o que conseguiches”. Fernández tivo tamén palabras de agradecemento para a colaboración ofrecida polo Concello de Ribadeo. 

E pola súa parte, Nicolás Gayol manifestou: “dar las gracias a Fefo porque fue el que me enseñó todo lo de piragüismo y gracias a todos”.