Skip to main content
O Vicedo

O mes de agosto do Vicedo está dominado polos habituais Mércores de natureza

Por 6 Agosto, 2022Sin comentarios

Vense de publicar a programación sociocultural prevista para este mes de agosto e que está dominada polos xa habituais Mércores de natureza, xa que hai un total de 5 actividades de natureza ao longo do mes.

Concretamente o 10 de agosto ás 10.00 horas será a Subida di río Sor en kayaks con saída desde o porto do Vicedo e regreso en furgonetas. Ten un prezo de 17 euros por persoa. O 31 de agosto haberá outra ruta en kaiaks dende Abrela ao Fuciño do Porco.

O 17 de agosto será a quenda da ruta de sendeirismo pola praia de Esteiro-Area-Viveiro, que terá saída ás 10.00 horas en tren FEVE desde O Vicedo e regreso da mesma maneira ás 16.05 horas.

O día 24 será a xeoruta, que percorrerá parte da costa do Vicedo, concretamente pola contorna de Ponte Segade. O punto de encontro será na casa da cultura e a visita farase en coches particulares.

Por outra banda, o 20 de agosto haberá unha visita cultural e natural pola praia de Porcelana coodinada polo historiados Carlos Nuevo Cal, Vicente Míguez e Antonio Lage Seara. Será ás 10.00 horas e é totalmente gratuita e limitada a 25 persoas. O punto de encontro será na praia de Vidreiro.

Tamén haberá tempo para a música co Karaoke de verán o 11 de agosto ás 22.00 horas na casa da cultura, un espectáculo para nenos a cargo dos Bolechas o día 13 ás 12.30 horas na rúa do Porto, e un concurso de castelos e figuras de area o 19 ás 16.00 horas na praia de Xilloi.

O Concello tamén comunicou que o venres 19 de agosto ás 21.00 horas entregaranse os premios do Concurso de Fotografía Turística do Vicedo.